8 Agosto, 2015

Apachu

“Eu,sinceramente penso que para o neno e para os pais que buscan guialo, nin sequera é tan importante  saber coma sentir.
Se os feitos son a semente que máis tarde producen coñecemento e sabedoría, as emocións e as impresións dos sentidos son o terreo fértil no que a semente debe medrar. Os anos da INFANCIA son o momento de preparar a terra.
Unha vez que xurdiron as emocións, o sentido da beleza, o entusiasmo polo novo e descoñecido, o sentimento de simpatía, compaixón, admiración ou amor, desexamos o coñecemento sobre o obsecto da nosa conmoción.

Unha vez o atopas..ten un significado duradero”

Traducido  do libro

” El sentido del asombro” da fermosa Rachel Carson

 

Xa comezou AMADAHI APACHU!

APACHU é un programa educativo na Natureza con sesións para nenos e nenas de 8 meses a 3 anos e con un acompañante adultod de gran vínculo ( nai , pai ou persona de gran vínculo) que duas veces á semana durante un curso, deciden adentrarse e viaxar xuntos na aventura do descobrir e o aprender.

Nestas sesins na Natureza dos máis pequenos, a nai ou o pai asumen un papel de guía e compañeiro, mentres que o equipo pedagóxico proporciona as claves para facilitar o disfrute na Natureza e que o equilibrio entre liberdade-disfrute-intervención poida darse de maneira natural. Nas sesións haberá outras familias que participen na Tribo Apachu,  nun ambiente relaxado e onde a harmonía estética combínase co xogo libre, materiais naturais e ferramentas que nos axuden no proceso do noso descubrir (lupas…) a didáctica da marabilla.

Xa tenemos familias inscritas,…¿Queres formar parte do noso Amadahi Apachu? Deixámoste o dossier AMADAHI APACHU con toda a información e o boletín de inscrición, que deberás mandar cuberto a :

administracion@amadahi.com

Dossier Amadahi.Apachu castellano.18.19

boletín inscripción Apachu 18.19

Podes consultar calquera dúbida no teléfono 666.054.608

 

¡¡¡Esperámoste!!!

EQUIPO PEDAGÓxICO APACHU:+info en

http://www.amadahi.com/es/equipo/